O Océano Surf Museo recibe a visita da ex regatista olímpica Theresa Zabell

Theresa Zabell no Océano Surf Museo – Concello de Valdoviño

A ex regatista olímpica Theresa Zabell, medalla de ouro en Barcelona 92 e en Atlanta 96, visitou onte pola mañá o Océano Surf Museo, o primeiro e único de España desta temática. O alcalde, Alberto González, exerceu de guía nunha visita na que tamén acompañaron a Zabell o presidente da Federación Española de Surf, Carlos García, e os concelleiros de Cultura, Rosana García, e Servizos, Benito Vega. Zabell, a primeira muller en ocupar a presidencia do Comité Olímpico Español, aproveitou así a súa estancia en Valdoviño para coñecer de primeira man as instalacións e a praia da Frouxeira, onde se celebrou hai uns meses o Campionato de España de Surf.

O Museo do Surf, que o vindeiro 1 de decembro cumprirá o seu primeiro aniversario, ofrece un percorrido pola historia do surf dende as súas orixes ata a actualidade, con especial atención á súa práctica en Galicia e en Valdoviño, así como á evolución do Pantín Classic. Sito na Casa da Cultura do municipio, abre as súas portas de luns a domingo, con entrada de balde.

Lea también

El Natación Ferrol logra el Campeonato gallego alevín en Mos

El fin de semana se celebró en la Piscina Municipal As Pozas, en Mos, el …