POR+VIDA, a asociación con máis participantes que chegaron á meta na 6ª Carreira da Muller

Participantes de Por + Vida na Carreira da Muller – Concello de Fene

A Asociación Oncohematolóxica de Fene POR+VIDA vén de acadar dous premios na 6ª Edición da Carreira da Muller celebrada na cidade de A Coruña o pasado domingo, 16 de setembro. POR+ VIDA leva participando seis veces, as mesmas edicións que se leva celebrando a carreira na cidade herculina e, nos cinco últimos anos, o Concello, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, colabora no proxecto poñendo a disposición das participantes dous autocares.

Este ano o percorrido foi o mesmo do ano pasado, con saída e chegada á meta ós pés do estadio de Riazor, ata a altura da Torre de Hércules, de algo máis de 6 kms. O total de participantes de POR+VIDA foi de 151 mulleres, sendo a máis nova de 12 anos e de 82 a participante máis veterana (que levou premio no ano 2013 como a muller con mellor tempo de chegada con maior idade).

Os premios colleitados nesta edición foron o primeiro como asociación con máis participantes que chegasen á meta (dentro do tempo establecido no regulamento da carreira) e o terceiro premio como asociación con mellor tempo de chegada.

Dende o Concello de Fene felicitan ás participantes e, nomeadamente á asociación, pola súa implicación.

Lea también

Abierta la presentación de ofertas en FIMO Ferrol, para la ciudad del deporte

Hasta el próximo 29 de julio se pueden presentar las ofertas para las mejoras en …