Aberto o prazo de inscrición para asistir á sesión de contacontos, este sábado na Biblioteca Municipal de Narón

O contacontos Felipe Díaz, Caxoto, protagonizará o espectáculo infantil Un corazón a flor de pel que terá lugar o vindeiro sábado, día 22, nas instalacións da Biblioteca municipal. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, anunciou que o prazo de inscrición se abre esta mesma tarde, a partir das 16.00 horas, polo que animou ás persoas interesadas a reservar algunha das 25 prazas dispoñibles a facelo de modo presencial na Biblioteca –desde as 16.00 horas no mostrador da sala de adultos- ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións (de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas).

A actividade diríxese a nenas e nenos a partir de 4 anos –que teñan o carné da Rede de Bibliotecas- e dará comezo ás 11.00 horas, tal e como indicou a edil naronesa, que explicou que con esta actividade se retoma o Programa Biblioespazo 2018.

Caxoto interpretará neste contacontos a un doutor que fará unha particular revisión médica aos asistentes, que se implicarán nesta proposta, cargada de emocións, realizando probas de diagnose dalgunhas doenzas.

Lea también

Odeón activa la 5ª edición de la campaña ‘Re-Fashion’ con el objetivo de recoger ropa usada y donarla al CRS de Narón  

La 1ª planta del Centro Comercial Odeón de Narón, acoge desde este miércoles la campaña …