Máis de 230 ciclistas participarán este domingo na IV BTT Cidade de Narón organizada polo clube MTB Eskornabois e o Concello

José Luis Fernández, Luis Rodríguez, Román Romero, Daniel Martínez e Begoña Espina en rolda de prensa – Concello de Narón

Un total de 238 personas inscribíronse na ruta cicloturista que terá lugar este domingo na cidade. A cuarta edición da BTT Cidade de Narón organizada polo clube MTB EskornaBois e o Concello comezará ás 9.30 horas, con saída das inmediacións do Centro Comercial Odeón e rematará no pavillón polideportivo da Gándara, donde está previsto que cheguen os primeiros participantes sobre as 11.30. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou a convocatoria acompañado por Daniel Martínez, presidente do clube, José Luis Fernández, secretario, e Begoña Espina e Luis Rodríguez, socios da citada entidade deportiva.

Os representantes do MTB Eskornabois destacaron a participación nesta proba dun total de doce mulleres, calificando a cifra como “alentadora con respecto a outros anos e difícil de acadar neste tipo de eventos deportivos”. Os ciclistas realizarán unha das dúas rutas deseñadas para a ocasión, unha longa, de 42 quilómetros, e outra máis curta, de 32. O trazado discorrerá polas inmediacións do mosteiro do Couto, por tramos do camiño de Santiago e San Andrés, e do muíño das Aceñas, entre outros puntos da cidade.

O presidente do clube agradeceu o traballo realizado pola organización para poder convocar un ano máis esta ruta cicloturista e o respaldo do Concello, “sen o que sería imposible realizar este evento”, asegurou, así como o de patrocinadores e colaboradores.

O concelleiro de Deportes, Román Romero, destacou o éxito desta convocatoria, que alcanza este ano a súa cuarta edición cunha importante cifra de participación e felicitou ao Club MTB Eskornabois polo traballo realizado en canto á organización do mesmo. Romero animou tamén aos participantes e ao público a desfrutar deste evento deportivo.

Lea también

Abierta la presentación de ofertas en FIMO Ferrol, para la ciudad del deporte

Hasta el próximo 29 de julio se pueden presentar las ofertas para las mejoras en …