O PSOE reúnese coa Plataforma pola Remunicipalización a fin de abordar a situación da taxa

Instante da reunión – PSOE

Na mañá de hoxe no Grupo Municipal do Concello de Ferrol, a voceira socialista, Beatriz Sestayo, mantivo unha reunión coa Plataforma pola Remunicipalización en Defensa dos Servizos Públicos, ao fin de abordar a situación da taxa de depuración e aportar solucións aos incumprimentos do Goberno respecto a taxa.

Na xuntanza, a Plataforma pola Remunicipalización informou ao Grupo Socialista sobre a campaña de recollida de firmas onde os socialistas amosaron o seu absoluto apoio a mesma. Pola súa banda, o Partido Socialista reitera ao alcalde, Jorge Suárez, a esixencia de que cumpra cos compromisos adquiridos publicamente para a súa investidura, así como para a aprobación dos orzamentos, tales como son a negociación dunha taxa xusta e axustada ao custe do aervizo e a devolución dos recibos irregularmente cobrados correspondentes ao ano 2014.

Neste contexto, os socialistas de Ferrol reactivan a campaña de información á cidadanía respecto aos excesos de EMAFESA.

Lea también

Rescatada una persona en Ferrol tras caer con su coche en un regato

Una persona tuvo que ser rescatada en la tarde de este pasado jueves en Ferrol …