O Concello de Narón destina 433.000 euros a melloras no Val, Castro e Alto

O goberno local de Narón continúa avanzando na implantación da rede de saneamento nas parroquias do termo municipal. Así o destacou a alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciando o próximo inicio dos traballos que permitirán ampliar a rede deste servizo e a dotación do de auga potable no lugar de Vilacornelle, na parroquia do Val, e no de Borreiros, na de Castro, así como renovar os servizos de auga e alcantarillado na rúa Chantado, no Alto do Castiñeiro. “Trátase de tres actuacións moi necesarias, ao igual que as que acometeremos nos vindeiros meses con cargo ao orzamento municipal, e que nestes tres casos concretos do Val, Castro e o Alto suporán un investimento ás arcas locais de algo máis de 433.000 euros”, explicou Ferreiro.

A ampliación da rede de saneamento en Vilacornelle adxudicouse por un importe de 188.550 euros. Os traballos, que darán comezo nun prazo aproximado de dez días, tal e como apuntou a rexedora local, permitirán dotar do servizo a un total de vinte e dúas vivendas. No mesmo período está previsto o inicio das obras de ampliación da rede de saneamento e abastecemento en Borreiros, para dezasete vivendas e cuxos traballos se adxudicaron en 97.249 euros.

En canto á reposición de servizos de auga e alcantarillado na rúa Chantado, na zona do Alto do Castiñeiro (concretamente entre a rúa 25 de Xullo e a avenida Souto Vizoso), a actuación contratada polo Concello supón un investimento de 148.000 euros.

“A maiores destas intervencións, e froito da xestión realizada polo equipo de goberno de Narón, que o pasado mes de xullo aprobou no pleno un modificado de crédito que reserva 3,6 para realizar importantes investimentos na nosa cidade, atópanse entre as prioritarias aquelas que nos permitirán ampliar a rede de saneamento e abastecemento na zona rural, que suporán un desembolso de 1,4 millóns de euros”, subliñou Ferreiro.

Nos vindeiros meses levaranase a cabo novas obras para dotar do servizo de auga e alcantarillado a outras vivendas localizadas en lugares do Val, Pedroso ou San Mateo, entre outras. “Están en proceso de licitación varias actuacións nestas parroquias, co fin de adxudicalas á maior brevidade posible e de continuar avanzando na implantación destes servizos ata completar o cen por cento do rural naronés, que é o noso obxectivo máis inmediato nesta área”, asegurou Ferreiro.

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …