O Baloncesto Narón organiza a sétima edición do seu campus de verán

Foto de familia do campus 2017 – Baloncesto Narón

O Baloncesto Narón organiza a vindeira semana a sétima edición do seu campus de verán. Un total de setenta rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos participarán nunha actividade lúdica e formativa que se desenvolverá nos pavillóns de Campo da Serra e da Solaina desde o luns 27 ata o venres 31 en horario de 10.00 a 14.00 horas. A inscrición xa está pechada.

Ademais do aspecto lúdico da iniciativa, os participantes traballarán principalmente a súa técnica individual a través de xogos e concursos de habilidades, tres para tres ou tiro, entre outras facetas do xogo.

Durante a semana, os cativos e cativas recibirán a visita dalgúns dos xogadores do primeiro equipo que formarán parte do plantel co que o Baloncesto Narón competirá, un ano máis, na liga EBA.

Desde o club destacamos a alta demanda rexistrada nesta edición, que medra progresivamente cada ano.

Lea también

Triple sobre la bocina del BBCA masculino para recuperar la sonrisa con una victoria épica

Épica victoria del Costa Artabra sobre la bocina, en un trabajado encuentro este sábado ante …