O goberno de Ferrol aproba o expediente de mellora da eficiencia enerxética da iluminación da rúa Magdalena

A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobou o proxecto de renovación e mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública da rúa Magdalena entre as rúas San Diego e Rubalcava, e a súa continuación ata o ámbito da Praza de Armas. O orzamento total para a execución do proxecto ascende a 315.817,02 euros.

Esta intervención permitirá reducir tanto o impacto medioambiental como os custos de mantemento e de consumo enerxético na zona de actuación ao permitir a substitución das luminarias actuais, ineficientes, por outras de tecnoloxía LED. Ademais, o proxecto implicará a reunificación dos centros de mando existentes nun único e a eliminación dos cruces aéreos das calzadas por onde pasa a instalación.

Esta intervención enmárcase dentro do conxunto de actuacións tendentes a modernizar a eficiencia enerxética da iluminación pública en toda a cidade.

Así mesmo, aprobouse o recoñecemento extraxudicial de cinco facturas por un importe inferior a 10.800 euros.

Lea también

Rescatada una persona en Ferrol tras caer con su coche en un regato

Una persona tuvo que ser rescatada en la tarde de este pasado jueves en Ferrol …