Camila Alonso, fóra do Europeo ao ser dobrada

Camila Alonso en Glasgow – Triatlón Ferrol

Camila Alonso non puido rematar o Europeo de Glasgow ao ser dobrada no ciclismo por unha cabeza de carreira na que Nicola Spirig puxo un ritmo frenético.

A canteirá do Triatlón Ferrol rematou a natación cunha ducia de triatletas que loitaron por engancharse aos pelotóns perseguidores. No caso da ferrolá, o esforzo non tivo recompensa ao ser superada polas líderes, feito que impide automaticamente rematar a proba aínda que tivese algunha opción de maquillar o resultado no sector de carreira a pé.

Lea también

Valdoviño celebra la XXVIII Baixada de Carrilanas, puntuable para los circuitos gallego, nacional y europeo

La XXVIII Baixada de Carrilanas de Valdoviño puntuará una vez más para la Copa Galicia, …