Camila Alonso disputará este venres o Europeo de distancia esprinte na cidade estonia de Tartu.
Será a terceira fin de semana consecutiva con competición para a canteirá do Triatlón Ferrol, algo que, unido ás viaxes, restoulle horas de adestramento.
Aínda así, a triatleta ferrolá ten opcións de estar no top-10 da proba porque é unha das deportistas con mellor ranking, actualmente ocupa o posto 69º do mundo.
O campionato de Europa esprinte desenvolverase na distancia de 750 metros de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé a partir das 13:00 horas en Tartu –unha hora menos na España peninsular-.