O Maratón de fútbol sala Festas do Carme xa coñece os seus campións

Miss Cafeína, gañadoras da maratón feminina – Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Esta fin de semana levouse a cabo na Pista do Colexio Santa María de As Pontes o tradicional torneo de fútbol sala das Festas do Carme.

No evento participaron dende o venres 30 equipos, 19 masculinos, 7 veteranos e 4 femininos. O domingo á tarde disputáronse as tres finais.

Na feminina gañou Miss Cafeína a Al-Ahly Diego Soto Espectáculos, por 3-1, remontando o gol inicial das rivais.

Na final de veteranos gañou Electricidad J & O 2-1 á Taberna de Michel Ub2, que recurtou distancias nos últimos minutos, pero acabaronse levando o título os amarelos.

Xa na final masculina enfrontábanse Muebles Eume e Excalibur Eventec Ub2, que se desfixeran en semifinais de Fontanería Joscar e Bar Calvo respectivamente.

Comezou gañando o equipo branco 3-0, e pese a que os alaranxados empataron 3-3, un tanto de Rober Paz situou o 4-3 definitivo.

Ao final do evento entregaron os diversos trofeos o presidente de O Esteo FS, Fran Fernández, e o concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás.

Mellores xogadores foron elixidos Alex Cabarcos (Muebles Eume), Peque (Electricidad J & O) e Laura Doce (Miss Cafeína), e mellores porteiros Buxía (Muebles Eume), Harry (Electricidad J & O) e Sara Cachaza (Al-Ahly).

Muebles Eume, gañadores do maratón masculino – Xosé Ferreiro

Lea también

Este sábado se celebra en el interior del Arsenal, la XXXII Travesía Abelardo López

El concejal de deportes, Ricardo Aldrey, presentó en la mañana de este miércoles en el …