Camila Alonso queda fóra das Series Mundiais de Hamburgo ao ser dobrada no ciclismo

Foto Camila: Krist Vanmelle

Camila Alonso non puido rematar as Series Mundiais de Hamburgo porque nos últimos quilómetros de ciclismo foi dobrada pola cabeza de carreira.

Saíu no último grupo da auga aínda que nadou ata a cuarta boia co grupo pero falláronlle as forzas nos últimos metros.

O sector de ciclismo iniciouno con Yuliya Yelistratova e Ai Ueda pero nas primeiras voltas xa perdían un minuto coas líderes, que rodaban entendéndose en pelotóns amplos nos que poder colaborar.

Non podo estar contenta porque me dobraron pero din o 100 %, as Series Mundiais son outra liga”, valora unha satisfeita internacional do Triatlón Ferrol.

A próxima cita para a ferrolá será o Europeo esprinte da vindeira semana en Tartu.

Lea también

O Parrulo Ferrol pone en marcha una nueva Escuela de Porter@s dirigida por Luis Marimón

O Parrulo Ferrol continúa ampliando su estructura formativa de cara a la temporada 2026-2027 con …