O Mercado Medieval de Narón celebrarase esta fin de semana no Parque fluvial do río Freixeiro.

O Mercado Medieval de Narón celebrarase esta fin de semana no Parque fluvial do río Freixeiro. A edil de Festas, Mar Gómez, presentou o evento, que comezará o venres día 13 a partir das 18.00 horas cunha ampla programación dirixida a todo tipo de públicos. A convocatoria continuará o sábado 14 e o domingo 15, tal e como indicou a edil, en xornada de mañá e tarde. Ademais dos espectáculos que se sucederán durante a fin de semana, haberá un centenar de postos instalados na zona, nos que se poderán adquirir produtos artesáns, alimentos, e obxectos de decoración, entre outros. Gómez destacou que “cada ano centos de persoas acoden a esta cita, unha das máis características da tempada estival na cidade” e convidou á xente a achegarse a Freixeiro para poder desfrutar desta nova edición do Mercado Medieval organizado polo Concello.

A apertura do mercado na xornada do venres dará paso a unha serie de propostas como pasarrúas –con Treefolk-, personaxes fantásticos percorrendo a zona do mercado –Humans no Limits-, entre outros espectáculos. Na xornada do sábado e do domingo, entre as 11.00 e as 14.00 e de 18.00 a 23.00 horas tamén se programaron unha gran variedade de propostas para divertir a todas aquelas persoas que se acheguen ao Mercado Medieval. Os pasarrúas de Treefolk, acrobacias e piruetas –Os Larbi-, a visita de faunos ao mercado, personaxes que divertirán aos nenos e nenas, espectáculos de habilidade e pericia, trasgos, espectáculos aéreos e outros de lume centrarán a programación do sábado e o domingo en Freixeiro.

Ao mediodía poderase degustar unha gran variedade de produtos gastronómicos nos postos que se instalarán para a ocasión no Mercado Medieval, donde tampouco faltarán outros nos que se realizarán mostras de artesanía en vivo, recordando así antigos oficios como a talla de madeira, e incluso xogos tradicionais, nos que poderán participar tanto os rapaces e rapazas como as persoas maiores.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …