O Triatlón Ferrol, campión de España de tríatlon

Melina Alonso na competición – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol foi o mellor club do campionato de España de tríatlon cunha espectacular Melina Alonso, campioa de España a nivel individual.

A canteirá do Triatlón Ferrol valeuse da súa áxil transición para coller o grupo de cabeza despois da natación. Nun pelotón de oito integrantes, entre as que estaban as súas compañeiras Ana Carvajal e Carmen Gómez, as triatletas entendéronse para traballar xuntas dándose relevos e ampliando a distancia coas perseguidoras. Na carreira a pé definitiva, Melina Alonso foi regular ata a recta de meta na que gañou ao esprinte deixando atrás a dúas rivais. Con Ana Carvajal, sexta de España, e Carmen Gómez, novena, o Triatlón Ferrol gañou a proba por clubs.

En categoría masculina, Marcos Ruiz nadou entre os tres primeiros e rematou cun valioso 21º posto na xeral e 11º en categoría sub-23.

Os cadetes da Escola Javi Gómez Noya, pola súa banda, sumaron un top-20 de Carmen Jiménez, David Campos foi 30º e Jorge Morado, 32º.

Entre os mellores acuatletas

Na xornada dominical, no campionato de España de ácuatlon, Carmen Gómez foi 11ª de España, Ana Carvajal, 13ª e Marcos Ruiz, top-15 en elite.

Os mellores cadetes da canteira ferrolán en ácuatlon foron Jorge Morado e Carmen Jiménez, ámbolos dous rematando en 15ª posición.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …