O Concello de Mugardos abre a inscripción para a súa II Travesía a Nado

A concelleira de Deportes de Mugardos informou de que está aberta a través da web www.prueba.t.es a inscrición na II Travesía a Nado “Concello de Mugardos”, que se desenvolverá o vindeiro día 22 de xullo, domingo, no marco das celebracións do Carme, na praia da Bestarruza. Os nadadores e nadadoras poderán recoller o seu chip a partir das 11.00 no areal, onde está previsto que se dea a saída ás 12.00 horas.

Haberá cinco categorías, masculinas e femininas: A, nados en 1987 e anos anteriores; B, nados de 1988 a 1988; C, nados de 1999 a 2004; D, de anos 2005 e posteriores, e unha categoría popular para tódalas idades, na que se poden empregar inchables ou outro material auxiliar.

A distancia será de 1.000 metros para as categorías A, B e C, e de 400 metros para a categoría D. Na popular, o percorrido será de 100 metros.

Haberá trofeos para os gañadores absolutos da travesía, masculino e feminino, así como tamén para a persoa participante máis xoven e a máis veterá. O Concello tamén entregará medallas aos tres primeros clasificados e clasificadas de cada categoría.

O prezo da inscrición na Travesía a Nado “Concello de Mugardos” será de 3 euros, pero as e os deportistas que se apunten tamén á de Ares pagarán 5 euros polas dúas, e recibirán cinco entradas para o Complexo Acuático do Castro.

Lea también

Club Arco Narón compite en el Campeonato Galego de Equipos indoor

Este pasado sábado se celebró en Arteixo el Campeonato Galego de Equipos indoor. El Club …