O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición no Torneo de Fútbol Sala OcioSol

Entrega de trofeos do OcioSol 2017 – Concello de Valdoviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, anunciou esta mañá que o Concello de Valdoviño volverá a reeditar este ano a súa aposta pola celebración do Torneo de Fútbol Sala OcioSol. Esta mañá abríase o prazo de inscrición para os equipos interesados en tomar parte. Poden formalizar a súa solicitude ata o 18 de xullo incluído na Casa do Concello (Rexistro Xeral na primeira pranta). Deben cubrir a folla de inscrición, aceptar o regulamento e réxime disciplinario e adxuntar a fotocopia do DNI de todos os xogadores.

A cota é de 11,06 euros por persoa na categoría senior e de 7,37 euros por persoa na categoría xuvenil. O torneo arrancará o 23 de xullo e, a partir desta data, disputaranse partidos de luns a venres de 19 a 23 horas, aínda que o calendario configurarase en función dos equipos que se anoten.

O torneo celebrarase no pavillón municipal do Longoiro, e está aberto á asistencia do público interesado en seguir os encontros.

A competición terá dúas partes, unha fase de liga e outra final, eliminatoria. No caso de haber un número de equipos superior a oito, o torneo disputarase en dous grupos. Os catro mellores de cada grupo, despois de disputada a fase de liga, clasificaranse nun só e o resto pasará a formar parte da « repesca ». Ambos grupos xogan tamén a súa fase de cuartos para cruzarse en semifinais.

Lea también

El Baxi Ferrol organiza un viaje para la afición para vivir el derbi gallego en Lugo

El próximo domingo 22 de febrero se verán las caras Durán Maquinaria Ensino y el …