Cabanas organiza un ano máis o seu tradicional Cross Popular. Será a XXIX edición e terá lugar o domingo 29 de xullo, coincidindo coa última xornada da Romaría de Santa Marta. Celebrarase no piñeiral da praia e todo o percorrido estará delimitado con cinta. O Concello confía en reeditar o éxito de edicións anteriores, nas que participaron centenares de persoas de todas as idades.
As persoas interesadas en tomar parte xa poden inscribirse no Concello de Cabanas (no teléfono 981 49 59 59 ext. 3 ou no enderezo cultura@cabanas.gal) e o prazo remata o 26 de xullo (ata as 14 horas). Os datos a facilitar son: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, municipio de procedencia e pertenza ou non a algún clube. De forma excepcional, no lugar da carreira, tramitaranse inscricións ata unha hora antes da saída da proba, na carpa habilitada ao efecto pola organización.
Segundo informa a Concellería de Deportes, promotora da carreira, as diferentes distancias oscilarán entre os 100 e 7.000 metros, dependendo da categoría, e o percorrido discurrirá integramente a nivel do mar e polo interior do piñeiral. A primeira categoría comezará a carreira ás 11 horas.
Así mesmo, os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán trofeo e os vencedores absolutos das categorías masculina e feminina, un trofeo adicional.
Co ánimo de premiar a participación das categorías de base, o alcalde informa de que se lles entregará medalla a todos os que completen o circuito –nenas e nenos nados no ano 2011 e posteriores-.
Categorías, distancias e horarios:
• Cat. A: Nados en 2008-09-10: 1.000 m. (1 VP) saída ás 11.00
• Cat B: Nados en 2005-06-07: 1.800 m (1 VG) saída ás 11.10
• Cat C: Nados en 2002-03-04 : 3.600 m (2 VG) saída ás 11.20
• Cat J: Nados en 1999-00-01: 7.000 m (4 VG) saída ás 11.40
• Cat SE: Nados entre 1979 e 1998: Distancia, voltas e hora Igual que J
• Cat. Veteráns A: Nados entre 1969 e 1978: Distancia, voltas e hora Igual que J
• Cat. Veteráns B.: Nados entre 1959 e 1968: Distancia, voltas e hora Igual que J
• Cat. Superveteráns: Nados antes de 1959. Tamén 7000 metros, 4 VG ás 11.40
• Nados nos anos 2011-2012-2013 Primeiros peques corren 300 metros ás 12.40 h • Nados dende o ano 2014 ata hoxe. Resto de peques corren 100 metros ás 12.45 h
NOTAS.-As categorías son iguais para MULLERES E HOMES v.p./ v.g. = volta pequena /volta grande.