O Triatlón Ferrol aspira ás medallas no campionato de España de tríatlon esprinte

Marcos Ruiz – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol contará con catro representantes na proba elite do campionato de España de tríatlon esprinte. En Banyoles competirán Melina Alonso, Ana Carvajal, Carmen Gómez e Marcos Ruiz.

A ferrolá Alonso quererá desquitarse do triunfo que se lle resistiu en Larache e loitará por entrar no top-5 da proba, despois de ser sexta en 2017. Pola súa banda, Ana Carvajal chega motivada despois de contribuír ao subcampionato de España que conseguiu con Andalucía a pasada fin de semana e Carmen Gómez non se fixa un resultado ao levar pouco máis dun mes de adestramentos tras volver por lesión.

O canteirán da Triatlón Ferrol Marcos Ruiz, dos máis novos do campionato elite, buscará non só un bo posto na xeral senón tamén estar entre os mellores da categoría sub-23.

A maiores, a Escola Javi Gómez Noya pon rumbo este xoves a Cataluña cun junior, Miguel Benavent, e seis cadetes, Carmen Jiménez, Jorge Morado, David Campos, Álvaro Ordiales, Hugo Prida e Manuel Romero.

Todos, agás Melina Alonso, dobrarán xornada para competir o domingo no campionato de España de ácuatlon -1.000 m de natación e 5 km a pé, para elite e junior e a metade no caso dos cadetes-.

Lea también

Venta de entradas para el partido CD Castellón-Racing Club Ferrol

Ya están a la venta las entradas para la grada visitante en el estadio Skyfi …