A Mancomunidade e a Federación Galega de Surf formarán a 16 persoas como monitores no Xeodestino Rías Altas

A Mancomunidade da Ría de Ferrol, coa colaboración de Deputación da Coruña e da Federación Galega de Surf, formará a 16 rapazas e rapaces como monitores de surf dentro do contexto de aposta polo produto turístico de Surf como motor para o desenvolvemento do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, baixo a marca Costa das Ondas.

O curso será de balde e o único requisito para anotarse é que os 16 mozos estean empradoados nos concellos que integran o Xeodestino Rías Altas.

Para que o turismo funcione, non abonda con dispoñer de excelentes recursos como son as privilexiadas praias de Ferrolterra con ondas os 365 días do ano. É preciso dispoñer de profesionais cualificados para aproveitar estes recursos ofrecendo actividades turísticas”, explican desde a Mancomunidade, que abundan en que a escasez de persoal formada para a impartición de clases de surf obriga na actualidade , as distintas escolas da nosa contorna, a recorrer a profesionais doutros territorios e nacionalidades.

O curso Entrenador Nacional de Surf Nivel, impartirase nos vindeiros meses e será gratuito para 16 persoas seleccionadas, que terán que cumprir co requisito do empadroamento, nos concellos que compoñen o xeodestino Ferrolterra-Rías Altas: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

Os interesados, poden obter máis información e facer a preinscrición na web da Federación Galega de Surf www.fgsurf.org. Os 16 candidatos terá que superar unha proba de admisión.

Lea también

Venta de entradas para el partido CD Castellón-Racing Club Ferrol

Ya están a la venta las entradas para la grada visitante en el estadio Skyfi …