A concelleira de Igualdade do concello de Narón, Teresa Sabio, visitou na mañá deste mércores ás nenas e nenos que participan no programa municipal ConciliaEscola Verán, que se desenvolve nas instalacións do CRA de Domirón. Un centenar de menores de entre 4 e 12 anos participarán este ano na convocatoria, que dispón de cinco quendas, tal e como recordou a edil. As nenas e nenos asistiron na xornada de hoxe a un obradoiro de reciclaxe, no que dúas monitoras lles ensinaron a importancia de reciclar e como facelo correectamente.
Sabio conversou cos participantes, que lle solicitaron que continúen organizándose novas edicións deste programa municipal, do que aseguraron desfrutar coas súas actividades: xogos de auga, musicais, obradoiros de cociña…
A edil naronesa asegurou que “desde o goberno local estamos traballando para organizar máis quendas, nun horario máis amplo e abrindo o programa a nenos e nenas doutras idades para así poder atender mellor a demanda deste programa de conciliación”. Sabio comprometeu así a convocatoria de próximas edicións e destacou que o Concello naronés dispón ademais doutros recursos municipais dirixidos ás familias nesta época do ano, para facilitar a conciliación da súa vida laboral e persoal.
Nas instalacións da Ludoteca municipal da Solaina ofrécense unha gran variedade de actividades, baixo a temática “Viaxando polo mundo”. Poden participar nenas e nenos de entre 3 e 12 anos –hai un total de sesenta prazas- que contan cun amplo abano de propostas de luns a venres, en horario de