O CF San Sadurniño e o Aldebarán traballan xa para ampliar as súas canteiras

Aldebarán en la Copa Príncipe 2017

Malia haber escasos días que ramataron as súas respectivas temporadas, o club de fútbol San Sadurniño e mailo Aldebarán de volei andan xa preparándose para o ano que vén coas miras postas en incrementar o número de xogadoras e xogadores da base. No caso do fútbol acaba de facerse un chamamento para as inscricións nos distintos equipos de rapazada de entre 4 e 17 anos, mentres que o club de volei organiza en xullo e agosto un campus aberto a todas as idades.

O chamamento do San Sadurniño convida a que a cativería e a mocidade se apunte nas escuadras do club laranxa por un prezo anual de 80€ -8 euros ao mes- que inclúen a aprendizaxe da técnica e tamén a roupa do equipo. Para facelo só hai que chamar a calquera dos teléfonos facilitados pola entidade: 669.638.282, 696.009.472 e 618.850.792.

O Sansa asegura no seu Facebook que quere «seguir apostando pola canteira como base do proxecto deportivo» e de aí que, de cara á temporada 2018-2019, xa se anunciaron novas incorporacións ao primeiro equipo de futbolistas saídos da base. É o caso de Marcos Montero, Alexis, Félix e Deco que este ano xogaron en xuvenil e que a partir do 30 de xullo -día en que comezan os adestramentos- estarán xa ás ordes de Óscar Blanco.

O CF San Sadurniño xestiona as escolas municipais de fútbol tras asinar co Concello un convenio anual de 9.000 €. Na temporada rematada hai escasos días o club contou con sete categorías e máis de medio cento de rapaces e rapazas no caso do fútbol base. Ademais, o San Sadurniño tamén xogou a liga comarcal feminina de Fútbol 8 e a Segunda Autonómica masculina, sumando 36 deportistas entre as dúas formacións.

Campus de volei do Aldebarán

Para tirar pola rapazada tamén nos meses do verán, o Aldebarán de volei volve organizar unha actividade a medio camiño entre o deportivo e a conciliación. Durante a semana -luns a venres- de xullo e agosto o Pavillón municipal acollerá un campus dirixido a todas as idades -anque preferentemente rapazada- que se desenvolverá en dúas quendas: unha de 10.00 a 11.30h. e outra de 11.30 a 13.00h.

O prezo son 40€ mensuais e para apuntarse ou obter máis información hai que chamar ao 619.427.433, 653.034.755 ou 638.706.547. Tamén se pode enviar un correo a aldebaranvoleibol@gmail.com. Os adestradores encargados da actividade serán Pablo Gómez Parga e Anxo Pérez Muíño.

Lea también

Abierta la presentación de ofertas en FIMO Ferrol, para la ciudad del deporte

Hasta el próximo 29 de julio se pueden presentar las ofertas para las mejoras en …