Este martes, obradoiro sobre cociña saudable e «menú artabro», organizado polo concello de Narón e o Club Gastronómico

Presentación da xornada

Unha vintena de representantes do sector hostaleiro da cidade participarán este martes pola tarde, entre as 17.00 e as 20.00 horas, no Obradoiro sobre cociña saudable e Menú Ártabro no que se explicarán as características do citado menú. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, anunciou que Miguel Campos, do restaurante A Gabeira, será o encargado de impartir este obradoiro, no que colabora o Club Narón Gastronómico.

Os asistentes terán a oportunidade de realizar nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz, na Gándara, unha serie de recetas deste Menú Ártabro, que será a base do programa 100.000 Motivos de Peso. Este menú, tal e como indicaron os responsables da iniciativa é básicamente a dieta Altántica da Costa Ártabra, que abrangue a zona comprendida entre o municipio de Ares e o Ortegal. “O obxectivo final desta proposta é que os hostaleiros da cidade ofrezan nas cartas dos seus establecementos algúns platos do Menú Ártabro, ampliando e mellorando a oferta gastronómica”, apuntou Villamar.

A iniciativa impulsada a través da Concellería de Promoción Económica aposta ademais por fomentar este Menú Ártabro en tódolos fogares de Narón, polo que a comezos do vindeiro mes de xullo se desenvolverán actividades dirixidas á cidadanía en xeral. Nesa ocasión a cita terá lugar no Auditorio municipal e alí os asistentes terán a oportunidade de informarse con técnicos en dietética sobre as vantaxas do consumo dos produtos que integran a dieta Ártabra. Tamén poderán practicar algunhas recetas que lles ensinará un cociñeiro ou cociñeira que asistirán á convocatoria, tal e como indicou Villamar e recibirán as pertinentes explicacións sanitarias a cargo do médico Carlos Piñeiro.

O calendario gastronómico de Narón pretende fomentar entre a cidadanía o consumo de produtos da zona, como o pemento do Couto, o Tomate Negro ou mariscos e peixes da ría, entre outros, para promover hábitos de vida saudables, mellorar a calidade de vida das persoas e previr certas enfermidades.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …