Este mércores iniciábase na Sala Interactiva do primeiro andar da Casa da Muller, na rúa Lugo, 56, o obradoiro ‘Quero vender online’, un curso formativo de 35 horas para o que se ofertaron un total de 15 prazas sen ningún custo.
Achegamos unhas fotos do inicio da actividade. A demanda foi tan alta, e tan boa a acollida, que se organizan as inscritas en dous grupos de traballo para dar resposta ao alto número de peticións.
As clases impartiranse os mércores e os sábados de 10 a 14h. Este obradoiro organizado desde a Área de Muller vai dirixido a mulleres empadroadas no Concello de Ferrol que teñan tenda física e queiran aprender a vender por internet, e para mulleres que tendo ideas de produtos non teñan o coñecemento nin as ferramentas para construir a súa tenda on-line.
Traballarase coas diversas redes sociais que poden utilizarse como ferramentas de venda de produtos, e se amosarán diversos programas como Virtual Composer para o deseño e maquetación de webs de tendas on-line ou o manexo da plataforma WooComerce (plataforma de tenda on-line de wordpress).