A mala sorte na transición deixa fóra da Copa do Mundo de Amberes a Inés Santiago

Inés Santiago en Melilla – Triatlón Ferrol

A ferrolá Inés Santiago non puido rematar a Copa do Mundo de Amberes despois de que se lle caeran as calas da bici coa perda de tempo que supón recuperarse e os pelotóns xa fóra do seu alcance.

A canteirá do Triatlón Ferrol saíu da auga cun tempo espectacular que lle daba posibilidades de rodar coas mellores pero ao coller a bicicleta, unha zapatilla caeulle, tivo que volver atrás recollela e aí perdeu varios grupos. Continuou ata que nunha curva cunha pendente, quedou atrás soa, de última e decidiu retirarse.

“Vin que saía con xente moi boa, ía contenta porque por primeira vez esta temporada nadara ben e desengánchaseme a cala na transición”, lamentou con deportividade e impotencia Inés Santiago.

Lea también

O Parrulo Ferrol renueva su alianza con Error! Ferrol

El servicio técnico informático y de telefonía amplía su apuesta por la entidad ferrolana. O …