O Concello publica unha listaxe coas 984 víctimas do franquismo en Ferrolterra de 1936 a 1976

O Concello de Ferrol ven de publicar hoxe na web un listado cos nomes e apelidos de 984 vítimas do franquismo nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal entre 1936 e 1976, en catro décadas de represión cruenta, sistemática e implacable.

A lista permanecerá durante 15 días na nosa web para que as persoas interesadas, poidan facer as súas achegas -correcións, subsanación de erros ou omisións en nomes e apelidos- neste prazo a través dun formulario web ao que tamén se pode acceder de xeito telemático.

É parte do compromiso adquirido pola Corporación local co acordo plenario aprobado en pleno na madrugada do 29 de setembro do 2017 sen ningún voto en contra para avanzar na construción dun Memorial as Vítimas do franquismo que recollerá a lista nominal –alfabética e cronolóxica- dos asasinados nos territorios de Eume-Ferrolterra-Ortegal, tomando como centro de referencia Ferrol, como o lugar onde a represión mortal foi cuantitativamente máis elevada.

A elaboración da nómina de vítimas foi confiada aos historiadores Bernardo Máiz Vázquez e Xosé Manuel Suárez como propoñentes dun proxecto do que se lle deu traslado a Mancomunidade da ría –pleno do 15 de xaneiro-, aos 21 concellos da área na que se fai o estudo e a Deputación da Coruña.

Manifestar que, mais alá das dificultades do estudo pescudando nos rexistros civís, parroquiais e sumarios de guerra, do Ortegal ao Eume o número de vítimas de fusilamentos e de ‘paseos’ entre 1936 e 1939 supera con moito ás novecentas. Tristemente, a represión continuou durante toda a Ditadura e aínda sobrepasou á morte do ditador, de xeito que a cifra total de persoas asasinadas ata 1976 achegase ás mil’, estiman os investigadores.

Con este Memorial, o Concello de Ferrol quere render unha homenaxe física e perdurable ás mulleres e homes que entre 1936 e 1976 deron e perderon as súas vidas na defensa da democracia e a igualdade, unha perda que deixou un baleiro irreparable como sociedade.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …