Excelente oitava praza de Camila Alonso na Copa do Mundo de Huatulco

Foto Camila: Krist Vanmelle

Camila Alonso logrou ser oitava na Copa do Mundo de Huatulco, por diante de triatletas de Series Mundiais como a portuguesa Melanie Santos.

A internacional do Triatlón Ferrol rematou a natación nun segundo grupo pero en bici o pelotón unificouse e aí Camila Alonso soubo buscar unha boa posición para baixarse na segunda transición entre as primeiras. Na carreira a pé, a ferrolá logrou manterse ata cruzar a meta en oitavo lugar.

Lea también

Lucas Farias y Gerard Casas analizan el partido de O Parrulo Ferrol ante Servigroup Peñíscola

Los ferrolanos buscan la victoria delante de su afición tras dos semanas de parón en …