O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT denuncia a mala situación do Xulgado de Paz de Narón. Nun comunicado sinala que
«Con data 28 de marzo de 2018 a prensa publicou que o concello de Narón dispón para este ano dun remanente de libre disposición de 10,7 millóns de euros. No pleno mantido nesa data deu conta en pleno de un remanente de libre disposición de 10.704.037 euros – con cargo ao superávit de 4,5 millóns de
euros do ano 2017 e dos case 6,2 millóns de euros de remanente-.
En dúas reunións que mantivemos cos rexedores do Concello, José Manuel Blanco e Marian Ferreiro, a información que facilitaron a este sindicato hai máis de un ano era a imposibilidade de dispor do superávit do Concello por normativa legal.
Con data 27 de febreiro de 2018, o ministro de Facenda confirmou que “os concellos poderán reinvertir el superávit que sexan capaces de xerar”:e tal e como se confirmou no pleno do concello de Narón, o remanente de libre disposición de que dispón Narón para este ano 2018 é de 10,7 millóns de euros.
Desde finais do ano 2016 este sindicato, Alternativas na Xustiza-CUT, ven denunciando a situación na que se atopa o Xulgado de Paz de Narón, concello que ten unha poboación de uns 40.000 habitantes. O xulgado está no primeiro andar do antigo edificio do Concello: neste primeiro andar está o Xulgado
de Paz e o Rexistro Civil do Concello. O acceso a este primeiro andar é impracticable para persoas con mobilidade reducida.
As funcionarias que traballan neste xulgado vense obrigadas a baixar á rúa para realizar trámites coma práctica de dilixencias, entrega de notificacións e citacións ou ofrecementos de dereitos e accións, por mor da imposibilidade de acceso ao propio Xulgado.
Xa na primeira reunión, mantida co anterior rexedor, J.M. Blanco, co fin de tratar estas deficiencias, éste comprometérase verbalmente a estudar a situación e a incluir unha partida nos presupostos do ano 2017 para a instalación do ascensor. A día de hoxe, ano e medio despois, a situación de inaccesibilidade do xulgado é a mesma e a vontade por parte do concello de atopar unha solución ao problema é nula.
Nula implicación da actual rexidora
Desde Alternativas na Xustiza-CUT queremos denunciar unha vez máis a situación: a nula implicación por parte da actual rexedora, Marian Ferreiro, de atopar unha solución definitiva a este problema. Non entendemos cómo un concello como o de Narón, cun presuposto de 31,8 millóns de euros para o ano
2018, é incapaz de dar unha solución final a este problema.
Resulta paradóxico que en declaracións da propia rexedora aos medios de comunicación, ésta avanzara que en canto ao investimento de estes fondos, o seu destino sería para a humanización da cidade, con actuacións en materia de accesibilidade entre outros fins.
A imposibilidade de poder ter unha reunión coa rexedora, Marian Ferreiro despois de reiteradas chamadas ao concello para solicitar unha cita, vémonos na obriga de denunciar ante os medios de comunicación a situación do xulgado de Paz de Narón ano e medio despois de denunciar a situación na que se atopa. Apelamos, como non pode ser de outro xeito, á súa responsabilidade e a que asuma a problemática que supón para moit@s veciñ@s do concello os problemas de accesibilidade.