Quinto posto para o Triatlón Ferrol no campionato de España de tríatlon por parellas de Primeira

O equipo antes da saída – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol conseguiu un meritorio quinto lugar no campionato de España de tríatlon por parellas de Primeira División.

Arrincou o conxunto ferrolán co dúo formado por Morgan Branchoux e Carmen Gómez, quen volvía tras lesión e reviviu a agonía do tríatlon en formato superesprinte pero entregouse o suficiente para dar o relevo en terceira posición. A táctica foi colocarse entre as líderes ao comezo sabendo que a parella da cadete Carmen Jiménez e da fenesa Raquel Ruiz, triatleta que por problemas nas costas non competía desde 2016, perdería algunhas posicións. Na remuda definitiva, Inés Santiago e Ana Carvajal voaron ata cruzar a meta quintas. “Necesitábamos o dobre de distancia, nun tríatlon esprinte o podio era noso”, asegurou unha emocionada Carvajal.

Coa quinta praza nesta xornada, o Triatlón Ferrol mantense segundo da Liga Iberdrola de Primeira División pero só con dous puntos de vantaxe cos perseguidores.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …