O XXV Torneo de Balonmán Cidade de Narón disputarase este sábado no pavillón polideportivo da Gándara

Presentación oficial do torneo – Concello de Narón

O pavillón polideportivo da Gándara acollerá o vindeiro sábado, 2 de xuño, a vixésimo quinta edición do Torneo de Balonmán Cidade de Narón. O edil de Deportes, Román Romero, o presidente do Club Balonmán Narón, José Oreona, Rubén Fernández, en representación tamén do citado clube e Beatriz Lourido, xerente da empresa Casa y Baño Star presentaron esta mañá o evento, que conta coa colaboración do Concello, entre outras administracións.

Neste torneo participarán os clubes de balonmán Atlántico (A Coruña), Ferrolterra, Pontedeume e, o anfitrión e organizador, o C.BM. Narón. Os partidos das categorías alevín mixto e cadete masculino disputaranse en horario de mañá, entre as 11.00 e as 14.00, se ben pola tarde, de 16.00 a 21.00 horas, xogaranse as de xuvenil e sénior masculino. Este último consistirá nun triangular que disputarán os clubes de Narón, Pontedeume e os veteráns do Narón, tal e como indicou Oreona.

O presidente do Club de Balonmán Narón destacou a colaboración do Concello e da empresa patrocinadora e animou á veciñanza a asistir a este torneo, destacando o feito de que se trata dun dos máis consolidados dentro do deporte na cidade.

O concelleiro de Deportes, Román Romero, felicitou ao clube local, que celebra este ano as vodas de prata deste evento deportivo. “Desde o Concello queremos agradecer o traballo e o esforzo que fai cada ano o Club Balonmán Narón, do que nos sentimos moi orgullosos”, asegurou. O edil naronés animou á entidade a “continuar traballando como o viñestes facendo ata o de agora” e brindoulles o apoio do goberno local “ao igual que en todos estes anos”.

Lea también

El Valdetires Ferrol salva los muebles en la recta final ante el Ourense Ontime “B”

Adán Puentes (X: @adanpuentes | IG: @adanpuentes89) Al Valdetires Ferrol se le puso muy cuesta …