O pavillón de San Martiño do Porto albergará este sábado, 2 de xuño, a segunda edición do Torneo de Judo Concello de Cabanas. Con entrada libre e de balde, dará comezo ás 10 horas. Será cando se dispute o torneo sub 13 –para nados nos anos 2006 e 2007-; sub 11 –para aqueles dos anos 2008 e 2009- e sub 9 –anos 2010 e 2011-. A continuación, o programa inclúe un adestramento a modo de exhibición dos nenos e nenas que tomaron parte nas clases de judo do Concello de Cabanas. A cita, organizada pola Concellería de Deportes e o clube AD Judo Ferrolterra, reedítase tralo éxito de participación da anterior convocatoria.
De feito, este ano amplíanse os equipos participantes. Serán estes: EM Cabanas, AD Judo Ferrolterra, EM Pontedeume, AM Fene, Castro-Baxoi Miño, Jorge Juan (Narón), Grupo Bazán de Ferrol e Mercedarias de Ferrol.
A entrega de trofeos está prevista sobre as 12,45 horas.