O BNG afirma que os orzamentos de 2018 son un timo

O Bloque Nacionalista Galego considera que, à vista da proposta de orzamentos municipais de Ferrol para 2018, «estamos diante duns orzamentos que son un timo«. Son un timo porque o alcalde «terá que explicarlle aos veciños e veciñas do concello porque decide gastar o diñeiro en rescatar EMAFESA e non facelo para resolver problemas acuciantes e permanentes que ten esta cidade en barrios como Santa Mariña, Mandiá ou Caranza«. Para os nacionalistas a realidade é que estes orzamentos esconden moitas mentiras e moitos enganos.

O BNG sinala que o primeiro dos enganos, que agochan os orzamentos, é que contemplan un superavit orzamentario de 2 millóns de euros, «algo que é totalmente inaceptábel«. Este superavit se calcula en base aos ingresos e gastos non financieiros e os limites que para calcular estas partidas se estebelece na Lei do PP e os limites fixados por esta lei que este goberno decide rebaixar e daí este superavit. «Ë dicir, este concello despois de non ter orzamentos nos últimos tres anos decide aforrar 2 millóns de euros e a pregunta é, para que?«

Así a resposta a esta pregunta, «atopamola cando vemos que o diñeiro que se lle vai pagar a EMAFESA se declara ampliable, é dicir, que é potestade exclusiva do alcalde decidir ampliar o diñeiro que o concello de Ferrol lle vai entregar a Emafesa. Unha partida que neste proxecto orzamentario está valorada, de primeiras, en 2,5 millóns de euros cando o cálculo que fai EUDITA é de 1,9 millóns vinculados à taxa de depuración.«

O BNG indica, tamén, «que se temos en conta que a declaración de ampliable dos creditos vinculados a EMAFESA significa que para a súa ampliación non teñen que pasar polo pleno é evidente que o aforro que este concello pretende facer, de 2 millóns de euros, ten como destino resolver a situación económica de EMAFESA a costa de non desenvolver os investimentos tan necesarios e urxentes que ten esta cidade«.

É por isto que desde o BNG cremos «que estes orzamentos son un timo ademáis de esconder unha ideoloxía reaccionaria que queda patente non só neste feito senón na evidencia de que o 55% do gasto está destinado ao capitulo II que é o capitulo que recolle as contratacións de empresas externas, traballos desenvolvidos por empresas que non teñen que ver co concello de Ferrol e todo un caixón de xastre no que se acumula a maior parte do destino dos orzamentos para este ano 2018«.

Neste contexto para o BNG resulta «grave que este goberno pretenda enganar aos veciños e veciñas desta cidade desta maneira. Igualmente se a intención do goberno local é rescatar a EMAFESA o primeiro que debería facer o alcalde é dar a cara«.

Lea también

Abierto el plazo en Ferrol para presentar ofertas de pintado de la señalización horizontal

Las empresas podrán presentarlas hasta 25 de agosto. El Ayuntamiento de Ferrol destina 900.000 euros …