O BNG mantivo un encontro en Brión para informar da situación actual de transporte público

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu o pasado sábado, un encontro cos veciños e veciñas de Brión, no local desta entidade, na que se informou da situación actual do transporte público na nosa cidade, como está afectando as diferentes parroquías da zona rural e na que se abordaron varias propostas para melloralo.

Neste encontro no que participou Iván Rivas, portavoz do BNG, analizouse a evolución do transporte público na cidade e «o deterioro constante das condicións nas que se presta o servizo e que ten como consecuencia directa a redución de servizos e de frecuencias produto da xestión por parte da Xunta de Galiza deste servizo, que leva permitindo este deterioro continuado durante anos sen intención de correxilo. Como demostra o feito de que tras a sentenza do Tribunal Supremo de 2016 que anulou as concesións outorgadas polo sr. Feijoo en 2010, desde a Xunta se permitiu que as empresas que desenvolvían os servizos renunciase aos contratos, para posteriormente mediante un contrato de urxencia por dosu anos voltar a entregarlle as concesións as mesmas empresas que renunciaran pero en condicións económicas máis ventaxosas para elas», sinalou o voceiro do BNG.

Asi mesmo, analizouse a situacion do servizo a día de hoxe, logo da posta en marcha do Plan de Transporte Público de Galiza «que non fixo máis que acrecentar a precariedade do servizo prestado no que à zona rural do noso concello se refire ao misturar os servizos regulares co transporte escolar e reducindo o número de servizos».

Para o BNG resulta preocupante a falla de avances e incumprimentos por parte do goberno local á hora de desenvolver os acordos adoptados polo pleno municipal o pasado mes de xaneiro, no que en cordenación coas entidades veciñais do afectadas, se propuxo unha modificación dos servizos nestas parroquias, creando dúas novas liñas, e outras medidas relativas ao transporte público no conxunto da cidade. Todo isto sen ter en conta o acordo de 2016 para crear unha empresa pública de transporte e sobre a que a día de hoxe non temos un só avance.

«Nesta liña, tras ver que desde o concello non se traballa sobre os acordos da moción aprobada e que sen embargo se continúa na liña mantida até o de agora, de precarización do servizo, sen querer asumir a xestión do transporte público na cidade, deixandoo en mans da Xunta, asinando, días atrás, a prórroga do Plan de Transporte Metropolitano, este encontro serviu para definir as liñas de traballo a seguir a partir de agora e as accións a desenvolver para acadar os obxectivos da mellora do transporte público no conxunto do noso concello» manifestou  o BNG..

Lea también

Suspenden el operativo de búsqueda de Doniños, en Ferrol, al no denunciarse la desaparición de ningún pescador

El operativo de búsqueda que se había activado alrededor de las 19,00 horas del pasado …