Camila Alonso, campioa de España de dúatlon

Camila Alonso no máis alto do podim – Triatlón Ferrol

Camila Alonso xogou as súas bazas para gañar na carreira a pé definitiva o campionato de España de dúatlon.

Sen demasiado tempo para quentar entre deixar a bici en transición e dar a saída, á internacional do Triatlón Ferrol custoulle arrincar e deixou escaparse a Joselyn Brea desde o inicio do ciclismo sabendo que a venezolana non entraba na disputa do campionato nacional. Mentres, Melina Alonso, cunha rápida primeira transición, meteuse no terceiro grupo perseguidor.

Ao baixarse a correr, Camila Alonso comezou a abrir vantaxe coas duatletas coas que rematou o segmento de bici e, cun tempo de 8 min 27 segundos nos 2,5 km finais, marcou o mellor parcial do sector definitivo e cruzou a meta como nova campioa de España elite.

Por detrás, Melina Alonso acabou indo de menos a máis, 14ª da xeral e 12ª do campionato de España.

Escola Javi Gómez Noya, prazas para o mundial de dúatlon 2019 e título

Nas probas de base, os junior conseguiron ser cuartos por clubes co 16º posto de Juan Rejas, o 21º de Iván Puentes e o 36º de Miguel Benavent, rematando tamén Iker Pita como 73º de España. En cadete, Carmen Jiménez logrou un 18º posto, Jorge Morado foi 67º e a participación ferrolá completárona David Campos -118-, Hugo Prida -160-, Álvaro Ordiales -165- e Manuel Romero -196-.

En grupos de idade esprinte, os 25 mellores xogábanse unha praza no Mundial de Dúatlon que en 2019 se celebrará en Pontevedra. Lográrona David Arias e David García, que entraron 20º e 2º no grupo de 40-44 anos; e Manu Pita -24º en 50-54-. Nos grupos de idade de distancia curta, a fenesa Tere Barreira proclamouse campioa de España en 40-44.

Lea también

La Federación Gallega de Tenis informa de la apertura del plazo de Ctos y torneos

Se informa a todos los clubes que ya está abierto el plazo para solicitar acoger …