Oitava praza para Inés Santiago na Copa de Europa de Quarteira

Inés Santiago en Melilla – Triatlón Ferrol

Na súa distancia favorita, o tríatlon olímpico, Inés Santiago deu un altísimo nivel para rematar oitava na Copa de Europa de Quarteira.

Saíndo terceira da auga, a internacional do Triatlón Ferrol meteuse no pelotón de cabeza que acabou sendo moi numeroso, de máis de 20 unidades, mentres por detrás Carmen Gómez tivo que apertar na primeira volta para non deixalo escapar e Ana Carvajal non foi quen de aguantar as arrincadas do grupo e acabou descolgándose.

Ao baixar da bici, Inés Santiago comezou a correr o 10.000 de forma progresiva e acabou adiantando rivais mesmo superando outra triatleta na propia recta de meta.

Lea también

Últimos días en Cabanas para incribirse nos campamentos deportivos da Diputación

  A concellería de deportes de Cabanas informa que o prazo de inscrición para participar …