Continúa o calendario de rutas de sendeirismo organizado polo Concello de Cabanas a través da Concellería de Deportes para dar a coñecer o rico patrimonio natural e patrimonial do municipio. A próxima “quedada” programada será o sábado 31, último do mes de marzo. Dende a explanada do aparcadoiro da casa consistorial, ás 10 horas, partirán os participantes nesta ruta guiada dos camiños vellos. Bautizada así xa que boa parte dos treitos polos que discorre son antigas vías con alternativas hoxe en día máis transitadas. Outro dos grandes atractivos da ruta son as incribles panorámicas que ofrece de todo o municipio, así como o seu paso por diferentes treitos do Camiño Inglés.
Así, as persoas interesadas en tomar parte na iniciativa, completamente gratuíta, poden anotarse xa na Concellería de Deportes –pranta baixa da consistorial, enviando un correo ó enderezo cultura@cabanas.gal ou no teléfono 981 49 59 59 extensión 3-.
A ruta partirá da casa consistorial cara o Camiño das Cádivas e, seguindo o Camiño Inglés, tomará dirección cara a Pedra do Couto. Descenderá entón por sendeiros de carballos cara a vella estrada das Pontes con paso polo cemiterio e, a continuación, seguirá polo cauce fluvial ata o día 8. Dende alí, retomará o Camiño Inglés para regresar á consistorial.