Concello de Cabanas e hostalería reeditan unha nova edición de “Tapeando Cabanas”

Pincho do concurso do 2017 – Concello de Cabanas

Concello de Cabanas, a través da Concellería de Turismo, e hostalería volven a unirse un ano máis na promoción dos establecementos locais coa organización dunha nova edición do certame gastronómico “Tapeando Cabanas”. Arrancará este venres, 16 de marzo, e continuará sábado e domingo. Fará un pequeno parón durante a semana e regresará ó seguinte venres, 23, así como o sábado 24 e domingo 25 de marzo. Nesas datas, dez establecementos hostaleiros de Cabanas ofrecerán as súas mellores propostas culinarias. Segundo destaca o alcalde, Germán Castrillón, “creacións sorprendentes do máis alto nivel que dan boa proba da calidade dos locais do municipio”. Nesta liña, a edil de Turismo, Esperanza Gayoso, invita a veciños e visitantes a comprobalo por si mesmos e achegarse ós establecementos para degustar as tapas.

Así, A Estrela do Eume propón a tapa denominada “Chámame galega…”, unha hamburguesa 100% da terra con carne de vaca rechea de grelos e castañas con queixo do país sobre picada de chourizo; A Lareira participará cunha sorprendente xelatina de leite de coco; o Ambigú da CCRD San Martiño do Porto aposta por unhas apetitosas boliñas de mexilón con patacas estilo Sanmartín e salsa picante; BK trae un orixinal timbal de lascas de bacallau con pisto templado acompañado de langostino e ali oli de allos tenros; Casa Campos ofrecerá unha deliciosa brocheta caseira con queixo, anchoas, aceitunas e tomates; La Encina aposta por unha tosta chea de sabor con pimento; La Solana intentará repetir o seu trunfo na pasada edición cunha riquísima tosta de chipirón con cebola caramelizada e tomate concasse; O Mesón deleitará ós seus clientes cunha filloa con grelos e gambas; Taberna Frayán ideou un peixe bañado en salsa agridoce acompañado de cortes de Allium cepa e Solanum, e Yellow servirá unha apetitosa cunca de bacallau coas súas verduriñas.

Estas deliciosas propostas poderán saborearse ó prezo de 1,50 euros en horario de cociña. Así mesmo, aqueles que o desexen tamén poderán participar no sorteo de agasallos, selando unha tarxeta que se facilitará nos locais participantes. Ademais, todo o mundo que complete o percorrido polos dez negocios participantes entrará a formar parte dun segundo sorteo con premios como estancias en balnearios.

Un ano máis, os clientes tamén poderán votar pola súa tapa favorita. Do reconto dos seus votos sairá o local coa mellor proposta deste 2018, un título que o ano pasado recaeu no restaurante La Solana.

Lea también

Noventa niños participan en el campamento Neda concilia

El Ayuntamiento de Neda ha puesto en marcha este lunes el campamento de verano “Neda …