Desde este martes, xa o Concello de Ferrol ten a venda as entradas para o concerto que ofrecerá o 13 de maio do 2018 no Auditorio de Ferrol as 20:00 horas, coa presentación no seu novo traballo: DEIXAAS
Sen abandonar as raíces da tradición que teñen convertido a Mercedes Peón nunha das artistas internacionais máis carismáticas do eido musical internacional, o seu novo traballo “DEIXAAS” incorpora unha faceta inspirada en espazos sonoros con sons a partir de gravacións en estaleiros navais, incorporando o poder evocador do formato poético ou proporcionando o contraste do piano atmosférico.
Diferentes universos nun traballo producido con gran minuciosidade e que conta coa participación de Ana Fernández e Mónica de Nut.