O Triatlón Ferrol contará con 13 representantes no Dúatlon Cidade de Santiago deste sábado.
Despois do subcampionato por clubs na proba de Lugo, o equipo ferrolán botará en falta a Iván Puentes e David García pero tentará igualmente estar preto do podio con Juan Rejas como referente. O canteirán xa conseguiu clasificarse para o campionato galego da especialidade e por iso traballarán agora David Arias, Juanchi González, Miguel Benavent, Marcos Caneiro e Luis Gómez.
Coa mesma seguridade de estar xa clasificada competirá Tere Barreiro, esta vez acompañada pola junior Emma Romeo. É baixa finalmente Carmen Gómez, que apura a súa recuperación para poder formar parte do relevo mixto do Triatlón Ferrol no campionato de España de dúatlon de Boiro.
Sen límite de tempo para rematar a proba, participarán Alberto Caneiro, Borja Catrufo, Iker Pita, Pablo Sanjurjo e Ricardo Fernández.
Última oportunidade para meterse no Escolar de Fene
En Santiago, a Escola Javi Gómez Noya presentará catro benxamíns, 13 alevíns, oito infantís e catro cadetes no Dúatlon Escolar previo á final provincial de abril en Fene.