A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar e José Luis Suárez e Eliseo Faraldo, en representación do xurado, entregaron na mañá deste xoves no Concello os premios do Concurso de Tapas de Entroido 2018 organizado a través do Club Narón Gastronómico e que se desenvolveu entre os días 8 e 14 de febreiro na cidade. O Gastrobar Mamá Flora, o Mesón O Pío, o restaurante A Trasanquesa e o restaurante Casa Sindo obtiveron os premios desta sexta edición do certame. Ferreiro e Villamar felicitaron aos premiados e agradeceron a implicación de tódolos establecementos participantes neste certame.
Os premios outorgados a través da votación popular foron para o restaurante A Trasanquesa, na modalidade de Tapa do Entroido coa creación “Pasteliño de Entroido”, e Casa Sindo, na modalidade de Tapa Creativa, coa elaboración “Niño de pasta Kataifi de ovos de codorniz”. Ámbolos premios cunha dotación de 250 euros cada un.
No que respecta aos premios correspondentes ás votacións do xurado, o gañador na modalidade de Tapa do Entroido foi o Mesón O Pío, con “Entroidiño na broa” e na de Tapa Creativa, Mamá Flora coa elaboración “Niño de Entroido”. Ámbolosdous cunha dotación económica de 400 euros cada un. O xurado estivo composto polo edil Pablo Villamar; e por José Luis Suárez e Eliseo Faraldo, membros da Asociación Gastronómica Os Cazoleiros.
No certame participaron vinte establecementos de hostalería de Narón, que presentaron en total vinte e catro elaboracións gastronómicas nas modalidades de Entroido e Creativa, doces e salgadas, que se puideron degustar e valorar grazas ás papeletas que se distribuíron nos propios locais.
Premios entre o público
No concurso tamén se sortearon cinco ceas para dúas persoas entre o público que votou por algunha das tapas presentadas ao concurso polos establecementos participantes e deixando a papeleta cos seus datos ben cubertos na urna que se colocou en todos os locais inscritos no certame. Froito do mesmo resultaron gañadoras as seguintes personas: Suso Caneiro, Manuel José Díaz, Mª Mar Díaz, Emilio Bugallo e José Manuel Picos.
Ao remate do acto, a alcaldesa agradeceu a implicación do sector hostaleiro local e de todas as persoas que votaron neste certame e destacou o recoñecemento co que conta o citado sector tanto no municipio como noutros concellos.
Concursantes e tapas presentadas:
Cervexaría Australian: Pizza de cocido (Tapa entroido)
Cervexaría Nueva Orleáns: Pastel de lacón con grelos (Tapa creativa)
El Colonial: Pizza de Entroido (Tapa entroido)
Gastro Bar Mamá Flora: Niño de Entroido (Ovo de codorniz semilíquido rebozado con picadillo sobre cama de grelos) (Tapa creativa)
Cervexaría Indalo: Ledicia de Entroido (Tapa entroido)
Cervexaría Xamonería Salmantina: Manitas de Entroido (Tapa entroido)
Romero II: Hamburguesa de Cocido (Tapa creativa)
Asociación de Veciños Virxe do Mar: Cuasicocido (Tosta pintada de humus de garavanzos, lacón e faragullas de chourizo e salsa de grelos (Tapa entroido)
e A casa dos Pícaros (pementos do piquillo recheos de pasta boloñesa e lapados con velouté ao pementón) (Tapa creativa).
Mesón Terra Meiga: Amoriños galegos (Tapa entroido) e Tentación Meiga (Tapa creativa)
Parrillada do Couto: Empanada de Cocido (Tapa entroido)
Casa Sindo: Niño de pasta kataifi de ovos de codorniz (Tapa creativa)
Bar Vituco: Bocado de Entroido (Tapa entroido)
Gastrobar Piñeiros: Montadiño de cachola prensada con chourizo de Lalín e aceite ao pementón (Tapa entroido)
Mesón O Pío: Entroidiño na broa (Tapa entroido) e Pío Melindroso (Tapa creativa)
Silver 200 Monjes. Filloa rechea desalteado de lacón con queixo de Brigantia (Tapa entroido)
Cafetería La Profecía: Canelón de Entroido (Tapa entroido)
Café Bar La Rockola: Betty Lucy (tres queixos con cebola caramelizada) (Tapa creativa)
Romero I: Cocido do Romero (Tapa entroido)
Restaurante A Trasanquesa: Pasteliño de Entroido (Tapa entroido) e Pastel de cabracho con tosta e salsa balsámica con redución de Pedro Ximénez (Tapa creativa)
A Grella dos Avós: As milfollas do Entroido (Tapa entroido)