O BNG leva ao Parlamento galego a problemática da escola de Pedroso

O Bloque Nacionalista Galego presentou no Parlamento galego unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión 4ª (Educación e Cultura), así como unha batería de preguntas para as que solicita resposta por escrito, sobre o anuncio da Consellería de Educación de pechar para o vindeiro curso 2018/2019 a escola unitaria de Pedroso, en Narón. 

Na exposición de motivos, o BNG láiase da visión curtopracista da Xunta ao non ter en conta que para o curso académico 2019/2020 hai nove familias con crianzas en idade infantil (3-5 anos) interesadas en matriculalas na escola de Pedroso e que, a través da Anpa do centro, veñen reclamando a posibilidade de implantar nela o primeiro curso de Primaria no vindeiro 2018/2019 co obxectivo de evitar o peche do centro.

O BNG cre que unha realidade excepcional como a que está a vivir o rural galego precisa de flexibilidade e de vontade política para a súa revitalización, sobre todo cando son as veciñas e veciños destas áreas os que reclaman unha solución. Do mesmo xeito, o Bloque solicita aplicar unha moratoria ao peche de centros de ensino e abrir un diálogo coa Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural para garantir que os pequenos e pequenas das parroquias rurais poidan escolarizarse nas súas respectivas contornas.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …