O BNG recollerá recursos na feira de Ferrol deste domingo contra a taxa de saneamento

Feria Ferrol-Pipo Romero

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol estará este domingo, na feira de Ferrol, a partir das 11.30 h. recollendo recursos e informando aos veciños e veciñas sobre a taxa de saneamento que o goberno local de Ferrol en Común co apoio do PP ven de reactivar e está pasando ao cobro.

O BNG considera que «o goberno local de Ferrol, tras iniciar estes días o cobro da taxa de saneamento, decidiu defender os intereses das empresas privadas e do Partido Popular antes que os dos veciños e veciñas deta cidade.

Así mesmo cómpre salientar que ademáis de que se lles esta a pasar o cobro deste recibo sen ter devolto o primeiro, este se se está a emitir nos mesmos termos nos que se emitiu o recibo a principios do 2015 durante o goberno de Rey Varela», sinala nun comunicado.

O BNG resalta que «se fai todo isto a pesar de terse demostrado que o recibo que se esta a emitir no día de hoxe non se adapta ao custo real do servizo, principio básico que rexe a imposición de calquer taxa por parte deste concello, a pesar de cobrarnos por depurar augas de chuvia non contaminadas, a pesar de que o cobro se fai a traves da empresa EMAFESA sen que exista un contrato que o permita e apesar de que non se ten resolto o recurso de reposición do Bloque Nacionalista Galego a todo este despropósito».

Para o BNG «todo isto o único que demostra é que o goberno local de Ferrol en Común se salta todos os procedementos ao non ter resoltas as alegacións apresentadas e proceder igualmente ao cobro do recibo. Para o BNG ao goberno de Ferrol o único que lle importa é cobrar, da igual canto e o por que, porque o goberno de Ferrol decidiu defender os intereses das empresas privadas e do Partido Popular antes que os dos veciños e veciñas deta cidade». remata o comunicado

Lea también

El BNG denuncia «persecución» laboral en la residencia de Caranza, donde la Xunta busca «reconducir» la situación

El diputado del BNG Ramón Fernández Alfonzo ha denunciado «persecución» laboral en la residencia de …