Derradeiras prazas vacantes nos cinco itinerarios formativos de Ferrol Emprego Xuvenil

Últimas prazas dispoñibles para os itinerarios Ferrol Emprego Xuvenil que promove o Goberno local a través da Concellería de Emprego do e que se desenvolverán no Centro Municioal de Emprego de Catabois ate novembro do 2018.

Estes cinco cursos -itinerarios formativos- van dirixidos a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos, desempregados e inscritos no Sistema nacional de Garantía Xuvenil.

O obxectivo é promover a empregabilidade das persoas novas do Concello de Ferrol, a través da combinación orientación e información laboral, itinerarios formativo profesionais e prácticas profesionais. Incluíndo tamén actividades de apoio na busca de emprego, prospección empresarial e intermediación laboral.

Trátase dun proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

As persoas destinatarias poderán formarse en sectores moi demandados:

– Persoal experto en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (680 horas)
– Auxiliar de cociña e restauración (605 horas)
– Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos (565 horas)
– Especialista en preparación e venda de peixes frescos (555 horas)
– Auxiliar de comercio, almacén e loxística (590 horas)

Son un total de 15 prazas en cada un dos cursos, e en todos eles realizaranse prácticas en empresa cunha duración de 120 horas por curso.

A formación completarase con actividades de novas tecnoloxías, inglés, igualdade, manipulación de alimentos e prevención de riscos laborais.

As persoas interesadas poden obter máis información na web www.ferrol.es/emprego, ou acudindo ao Centro de Emprego (rúa Sagrada Familia 56, en Catabois), no teléfono 981 944 195 ou no correo electrónico ferrolex@ferrol.es. Terán que facelo antes do próximo mércores 28 de febreiro, data na que remata oficialmente este prazo.

Lea también

La Xunta licitará las obras de construcción de 24 viviendas de promoción pública en Ferrol

El Consello de la Xunta ha autorizado la licitación de las obras de construcción de …