A First Lego League terá lugar este sábado no Auditorio de Ferrol

Instante da presentación – UDC

A Universidade da Coruña organiza, por cuarto ano consecutivo, a FIRST LEGO League Galicia, coordinada polo profesor José Antonio Becerra Permuy, o vindeiro sábado 17 de febreiro, no Auditorio Municipal de Ferrol, entre as 09.00 e as 14.30 horas. Nesta edición participan un total de 26 equipos e preto de 200 mozos e mozas de Galicia e Asturias.

O profesor Becerra presentou esta mañá en rolda de prensa a FLL Galicia xunto coa vicerreitora de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, a concelleira de Mocidade, Saínza Ruíz, o deputado provincial e alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, así como o director do Campus Industrial, Ginés Nicolás, e os directores das escolas politécnicas de Ferrol, Armando Yáñez e Andrés Piñón, e representantes de entidades e empresas patrocinadoras.

Colaboran Santander Universidades, o Concello de Ferrol e mais a Deputación Provincial da Coruña. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Colexio de Enxeñeiros Industriais, GADIS, R, Error! Ferrol, PuntoGal, Neodyn, TodoOcio e Lidl.

Ao remate da FIRST LEGO League Galicia no Auditorio, está previsto que os participantes visiten o Campus de Ferrol e algúns dos seus laboratorios, nunha xornada de portas abertas.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …