«O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol diante do anuncio feito polo goberno municipal da posibilidade de recalificar os usos dun edificio no barrio da Madalena queremos facer algunhas consideracións xa que o certo é que estes feitos demostran que a realidade sempre supera á ficción» sinala o BNG nun comunicado referente as posibles axudas para a continuación do grupo Zara no barrio da Magdalena.
«O BNG lembra que hai dous días preguntabamos ao goberno local cales serían as propostas que faría na entrevista que o alcalde da cidade solicitou cos directivos da empresa Zara e o grupo INDITEX. Queriamos saber cales serían as propostas que por parte do gobern se lle ian a facer a esta empresa para que permanecese no actual local que posúe no barrio da magdalena e se xa daquela considerabamos que sería grave que por parte deste goberno se lle puidera ofrecer una rebaixa do IBI a una das maiores trasnacionais do mundo pois semella que a gravidade da rebaixa do IBI vai quedar en nada fronte a nova proposta deste goberno de proceder a posíbel recualificación dun dos edificios que esta transnacional posúe no barrio da Madalena.
Desde o BNG queremos lembrarlle ao goberno local que as recualificacións teñen que ser xustificadas e semella que este goberno o que quere é facer urbanismo á carta para satisfacer os intereses de empresas privadas.
Cremos que é evidente que no barrio da Madalena non hai déficit de espazos comerciais nin déficit de locais comerciais co cal a xustificación de incrementar os usos comerciais neste ámbito da cidade é de difícil argumentación, pero o feito de que se tome una decisión en exclusiva a respecto dun propietario en particular e non se adopte ninguna medida para resolver o nível de desocupación que neste ámbito da cidade chega ao 30%, en canto o numero de baixos baleiros, demostra que os intereses que defende o gobernó local están moi lonxe de ser os dos veciños e veciñas da cidade e que se centran en defender os intereses das grandes empresas.
Desde o BNG non sabemos como poderá reaxir calquera autónomo ou autónoma que teña interese en desenvolver calquera actividade empresarial na cidade de Ferrol vendo o trato discriminatorio que se esta a dar por parte do goberno local fronte a estas grandes empresas. Asi tamén como fronte a proposta que ten feito o BNG co obxecto de poñer no mercado o innumerábel conxunto de locais comerciais que existen no barrio da Magdalena ou noutros espazos da cidade mediante una recarga no IBI a aqueles baixos que estean desocupados únicamente por intereses especulativos e bonificando a aqueles que teñan a intención de facilitar o seu uso a aquelas persoas interesadas en desenvolver calquera actividade comercial ou hosteleira no noso concello o gobernó local non ten ningún tipo de resposta á mesma.
Desde o BNG quixeramos saber cales son as concesións as que está disposto a chegar este goberno para permitir que una empresa como esta poida seguir desenvolvendo a suúa ctividade comercial na cidade de Ferrol e se ten previsto desenvolver este tipo de concesións sen consultalo con ningún dos grupos municiapois que conforman a corporación« remata o comunicado.