Se a pasada fin de semana o Clube Atletismo Fene facía historia no concello de A Rúa por volver a elite do cross galego, o domingo acudían a Rivadavia con case toda a artillería, pois a última hora confirmábase a baixa de Marcos Ruíz. O triatleta de Perlío aínda estase a recuperar de varias lesións.
A cita do domingo era no concello de Ribadavia, nun circuíto segundo os protagonistas «brando e rápido» deseñado na área recreativa de A Veroza.
En primeiro lugar celebrouse a proba junior, que cun percorrido de 7.000 metros consagraba a dous dos heroes de Elgoibar entre os mellores crossistas do panorama galego. Así, Iván Puentes nunha carreira moi igualada ata o último quilómetro, lograba un segundo posto con 23:49 a tan só tres segundos do primeiro clasificado, Pedro Osorio, do Ría de Ferrol. Apenas un minuto despois chegaba Juan Rejas, logrando un magnífico décimo posto cun tempo de 24:48.
Pasadas as doce e media, era a quenda para a carreira senior masculina, de aproximadamente 9.000 metros, onde o Clube Atletismo Fene presentou o equipo formado por Brais Canosa, quen reaparecía nun cross tres semanas despois do seu 25º posto no Cross Internacional de Elgoibar. Tamén estaban Javi Prieto e Alexandre García, que facían doblete tras competir a semana pasada en A Rúa.
Completou o equipo Fernando Garea, quen ven de disputar a semán pasada o trail de Costa Doce e vislumbra xa no horizonte o maratón de Coruña.
En canto a resultados, Brais Canosa acadou un excelente noveno posto, cun tempo de 29:33, a menos de un minuto do campión Manuel «Huracán» Hurtado. Tras él, Javi Prieto cun tempo de 31:22 rematou no posto 28, Alexandre García con 35:48 acadou o posto 123 e Fer Garea o 142 con 37:22.
Como equipo, acadaron un décimo posto, dun total de dezanove equipos, grazas aos 194 puntos que sumaron entre os catro atletas.
Ao remate das competicións, a satisfacción era palpable no seno do clube fenés, personificada no seu vicepresidente e adestrador Marcelo Rodríguez, quen se amosaba moi orgulloso coa entrega dos atletas e falaba de «dúas semanas históricas para o atletismo de Fene«.
O sábado, terceiro e último campionato de cross
Dista volta será moito máis preto, no Pinar de Cabanas. Celebrarase alí o Campionato de Galicia de Cross en categoría máster. O Clube Atletismo Fene presentará, por terceira semana consecutiva equipo, e esta vez estará formado por Javi Prieto, Alexandre García, Samuel Ramírez, Fernando Garea, Esteban Rodríguez e Antonio Rodríguez. Asemade, Cristian Calvo e Teresa Gómez participarán tamén no cross popular.
Campionato Cross Provincial A Coruña (XOGADE)
Na mañá do sábado celebrouse en Acea da Ma (Culleredo) o campionato provincial do programa XOGADE, de cross en idade escolar. Alí participou en categoría infantil o máximo exponente da canteira fenesa, Aroa González Arteche, quen coma sempre non defraudou acadando un excelente sexto posto.