Esther Leira súmase ás críticas polo retraso na reparación da cuberta do centro cívico Carvalho Calero

Esther Leira ante los medios de comunicación – Adán Puentes

O estado do Centro Cultural Carvalho Calero segue dando que falar. Os antecedentes hai que buscalos no proxecto da Concellería de Obras, sendo concelleira delegada Esther Leira, financiado a cargo do Plan de Aforro e Investimento da deputación provincial. O proxecto contemplaba unha ampla intervención na cuberta que resolvera a entrada masiva de auga no edificio ademais de corrixir a patoloxías derivadas desas filtracións de augas que afectaban ao interior do centro cívico.

A adxudicación fíxose mediante procedemento aberto cun orzamento de licitación de 126.421,32. Foi adxudicado á empresa SERGONSA SERVICIOS SL por un importe de 90.602,38 o 15 de maio de 2017. Pois ben : oito meses despois as obras no deron comezo.

“A reiteradas preguntas desta concelleira en Comisión Informativa de Urbanismo e Obras por este máis que imcomprensible retraso, contestouse, xa no verán, que logo de acceder á cuberta, a dirección de Obra determinou que habería que facer unha pequena modificación do proxecto por un problema na composición interior da mesma, sen que puideramos saber máis da incidencia xa que o concelleiro de Obras descoñece os proxectos e os problemas da súa Concellería«, afirma Esther Leira nun comunicado.

A propia concelleira se sumaba ás palabras do PSOE sobre o sucedido na primeira comisión deste ano: «Nunha das comisións de Urbanismo deste mes de xaneiro de 2018, novamente a pregunta desta concelleira, contestouse que a modificación do proxecto incluiríase no Pleno ordinario do mes da xaneiro, cousa que non se cumpriu

Esther Leira afirmaba que «a modificación do proxecto ten que ir a aprobación plenaria, aínda que o custo sexa cero, dado que foi o Pleno quen aprobou este proxecto toda vez que se incluía no PAI da Deputación provincial; cuestión esta última, a esixencia de aprobación plenaria que mes tras mes negou tanto o concelleiro de Obras como a presidenta da Comisión e concelleira de Urbanismo indicando non era preciso. Mentres, o CC Carvalho Calero está na situación que está e a súa biblioteca permanece pechada.”

A concelleira Esther Leira quere denunciar «a paralización completa da Concellería Delegada de Obras. Este que se sinala non é máis que un exemplo dunha situación xeralizada«.

Se é paralización por incompetencia ou é intencionada para que cadren as obras que a cidade necesita máis preto das eleccións municipais é un asunto que estaría ben para plantear unha polémica estéril. En todo caso non é de intererese para a cidadanía de Ferrol”, sentenciaba a concelleira.

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …