Os clubs con equipos femininos de triatlón na Liga Nacional de Primeira División piden igualdade

As triatletas tras unha proba – Triatlón Ferrol

Cidade de Lugo Fluvial, Arcade Inforhouse de Santiago e Triatlón Ferrol desexan condenar rotundamente a discriminación machista no tríatlon.

Como os tres clubs galegos con equipos femininos en Primeira División, piden o mesmo recoñecemento para as deportistas que para os seus compañeiros.

Por iso condenan que en Ribadumia se volvese a organizar un dúatlon que premiase a dez homes e só cinco mulleres, gañando o vencedor 350€ a diferenza dos 120€ que se lle entregarían á vencedora, aínda que finalmente se decidise por suspender a súa organización neste 2018.

Lles gustaría que, como facn os tres clubs como organizadores nas súas probas, en tódolos concellos galegos se entreguen os mesmos premios na mesma categoría, independentemente do sexo.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …