Segun a CIG- Navantia Ferrol os investimentos na modernización da factoría ferrolá corren perigo

Nun comunicado a sección sindical da CIG en Navantia Ferrol sinala que «Despois das novas que saíron fai uns días e publicación no BOE, nas cales se falaba do requirimento de Medio Ambiente de máis exhaustividade ao proxecto Estaleiro 4.0 así como as opinións dos Concellos, asociacións e organismos afectados, etc, o cal nos parece de rigor, e que nos entendemos se deberan tratar, estudar e corrixir, así como que a Empresa faga tódolos trámites ordinarios e obrigatorios, pedimos unha explicación a Navantia para que a parte social estivera informada da evolución deste proxecto».

Profunda preocupación

«Desta reunión, que tivemos con todo detalle de explicacións, saímos cunha profunda preocupación
e sorpresa, sacando como conclusión os bandazos perigosos que a alta Dirección da Empresa está a
dar, e que poden cando menos ralentizar ou dar ao traste con dita inversión, que como xa se
explicou viña da man do proxecto das Fragatas F-110 e que tiñan en el a base orzamentaria, porque:
Unhas inversións que contaban como principal obxectivo un Dique cuberto, cunhas dimensións
adecuadas para poder construír varios barcos á vez, nunhas condición modernas de equipamento,
elevación, depuración, etc., e ao coidado da meteoroloxía (por certo longamente demandado pola
CIG así como pola cidadanía e demais axentes sociais), cun fluxo entre as distintas fases construtivas
concentradas ao redor del, coa construción de novos talleres, etc, que rematarían nunha
reorganización e actualización completa do estaleiro, o cal se nos sinalou como imprescindíbeis para
a supervivencia da Empresa».

Outro canto de serea

«Agora se nos dí que esta en estudo, no canto deste proxecto, unha solución menor sen concreción,
polo cal o anterior pasa de ser un proxecto inmediato a un proxecto a longo prazo que non pode
sustentarse no orzamento das fragatas, e que esta nova “solución” si pode facelo a conta do
orzamento das F-110.
Polo cal entendemos que dita modernización, e o proxecto que o acompañaba, pode ser outro canto
de serea como as inversións que no seu momento se prometeron para o outro lado da Ría e
teñamos un parche máis que lles serva de escusa para falar de estaleiro 4.0.

Esiximos que cos estudos medioambientais e socioeconómicos máis rigorosos e pertinentes se poña
en marcha de forma inmediata as inversións que se anunciaron no seu momento para a
modernización das instalacións de Navantia na Ría de Ferrol, para poñela no mapa do futuro da
Construción Naval e non un parche que sirva para ir minguando a súa capacidade e ter xustificación
para unha agresión máis a esta Comarca.

Facer un chamamento as principais forzas sociais para que tomen cartas nun asunto de vital
importancia para o futuro de Ferrolterra, e facer un fronte común para esixirlle tanto ao Estado
como a Xunta a materialización de dito proxecto e poñer enriba da mesa a financiación requirida» remata o comunicado.

Lea también

Fernández Vila subraya en Ferrol que «Galicia quiere estar en la primera subasta de megavatios de eólica marina»

El presidente del Clúster, José Ramón Franco, señala que “la eólica marina flotante es una …