Suso Basterrechea presentou a oferta cultural de Ferrol deste semestre

Michael Nyman Band, Elie Paperboy Reed, Natalia Lafourcade, Ana Moura, JD Macpherson, Tricky, Los Reyes del KO, The Gramaphone Allstars BigBand, Jorge Drexler, o fin de xira de Guadi Galego -con todos os seus convidados, e unha homenaxe especial a Manolo Bacalhau, na presentación de Son do Bar, o próximo 13 de xaneiro no Jofre.

Grandes nomes para un gran semestre cultural nunha cidade que xa é toda unha como referencia na capitalidade galega da música.

O concelleiro de Cultura, Educación, Turismo e Festas, Suso Basterrechea, presentaba esta mañá en rolda de prensa as liñas mestras da programación cultural do primeiro semestre do 2018, que chega con once grandes concertos no Jofre e no auditorio de Ferrol e oito funcións teatrais xa pechadas co AGADIC para o ano próximo.

A maiores, o concelleiro avanzou que presentaría en breve e polo miúdo os nomes propios que dan forma a ciclos exitosos e xa consolidados como Cineconcertos no teatro Jofre, con tres sesións de proxección de grandes clásicos do cine con música en directo, o Son Aloumiños, con cinco artistas talentosos e reputados que desvelaremos en breve nun ciclo que medra e pasa do CTB ao Jofre, e A Feira do Xoves, música alternativa no primeiro xoves de cada mes para darlle vida a cidade na capela do CTB.

Ferrol tamén repite a aposta pola súa banda propia ce o concerto mensual dos domingos da Banda Ferrolá de Música, as 12:00 horas no Auditorio, cunha programación específica e singular para cada actuación que son de balde e abertas ao público familias nas mañás dos domingos, un por mes.

A todo esto, hai que sumar unha programación específica pensada para a xente miúda da casa, ao estilo dos pequeconcertos que están por chegar neste ano 2018 e que serán o punto e seguido a programación pensada para os nenos que arrancan este ano co I Festival de Ilusionismo Porta Máxica (do 2 ao 4 de xaneiro) e con obradoiros de balde para nenos de mais de 8 anos.

Este é un programa moi pero que moi ambicioso, coidado, diverso e moi forte con concertos que son datas únicas en Galicia de grandes artistas o que nos consolida como referente, como xa vimos constantando, captando público doutras localidades e colgando, moitas veces, o cartel de non hai entradas, como aconteceu con Jorge Drexler que vendeu o aforo completo en cinco días”, explicaba hoxe Basterrechea.

Non se lle escapa a ningúen que moitos destes nomes, Drexler, Ana Moura, Lafourcade, son artistas de renome internacional con concertos e datas únicas en Galicia que veñen a nosa cidade e que arrastran a moito público doutras localidades. Todo esto sitúa a Ferrol no mapa cultural dunha forma poderosa«, afirmaba Suso Basterrechea.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …