O Concello de Ferrol destina 44.000 euros á campaña de Nadal para mercar agasallos a 879 nenos

O taboleiro de anuncios da web municipal do Concello de Ferrol ven de publicar esta mañá a resolución provisional da concesión das axudas da Campaña de Agasallos de Nadal 2017. En total, case 44.000 euros (43.950 euros) en vales de 50 euros por menor até sumar 879 nenos (de 0 a 16 anos) de familias nunha situación económica delicada.

As bases reguladoras da concesión das axudas 2017 foron publicadas no BOP a finais de novembro e abriuse un prazo para a presentación das solicitudes no Rexistro Municipal. Presentáronse 463 solicitudes, das que se denegaron 95 por falta de documentación ou por non cumprir os requisitos. Ábrese, agora, un prazo de cinco días para aportar a documentación pendente e resolver posibles incidencias antes da súa publicación definitiva.

A finalidade é que os menores das familias máis desfavorecidas do concello de Ferrol teñan un agasallo polo Nadal e asi contribuír a fomentar a igualdade dos nenos e nenas pertencentes a familias que nestes momentos teñen unha precaria situación económica.

A contía máxima que percibirán os beneficiarios desta axuda é de 50 euros por neno menor ao cargo, e que se fará efectiva a través dun vale que se trocará por xoguetes, cds, libros, roupa deportiva, artigos de deporte ou calquera material ou instrumento relacionado coas novas tecnoloxías (consolas, ordenadores…) nas entidades comerciais ferrolás que acepten o devandito vale do Concello.

O vale terá validez dun só uso e o seu canxe finaliza o día 9 de xaneiro de 2018 inclusive.

Lea también

Fin de semana en Ferrol. «Sugerencias gastronómicas»

  (Según saber y entender de Carlox Román).  Dejaría escrito un tal Brillat-Savarín, escritor culinario de talla …